
Aparecen en Melón Alberto Pardellas (alcalde de Melón), José Luis Baltar (o do chiringuito ourensán) e Gallardón (si, o de Madrid, manda carallo). Achéganse ata o mosteiro e prodúcese o seguinte diálogo (insólito):Pois si, eche o que hai... A ver se nos sorprende Baltar e nacionalizan o mosteiro.
Gallardón: Oye, José Luis, y este monasterio... ¿a quién pertenece?
Baltar: Pues... este monasterio... pertenece a la Diputación.
Gallardón: No, no, me refiero a a qué orden pertenece...
Baltar: (despois do chivatazo oportuno dos lugareños) Ah, este monasterio pertenece a la orden de los "síster"...
Gallardón: ¿De los síster? Será de los Císter...
Baltar: Eso, eso... de los Císter.
En fin, século XXI e este fenómeno segue a gañar eleccións... eche o que hai.
Imaxe | La campaña gallega
3 comentarios:
baltar é o maior cacique que existe actualmente no pp pero a mala relacion que manten co frijolito vai facer q saia pronto, polo menos en ourense imos sair desa longa noite de cacicadas (ata que entre o seguinte na deputacion)
anecdotas do baltar debe haber pra escribir un libro ou dous jejeje
A min o que me parece de risa e que co voto emijrante estiveron a pique de perder un escano, os tiñan de corbata, ajora din que seria mellor cambiar a forma de votar, jajaja. Cando as cousas non lle van a ben, a cousa hai que cambiala, pero os anos anteriores cando lle ian de ben, aí si que estaba ben, sonche do que non hai.
ains, q non o entededes, q baltar pronunsiaba con seseo!!
Publicar un comentario
Aínda que existe a posibilide de comentar como Anónimo, polo ben do debate hase agradecer que poñades cando menos un Alcume (opción: Nombre/Url, non é precisa a url, nin que sexa un nome real).
Tratade de evitar insultos ou, no seu defecto, tratade de ser orixinais, ;). Non vaia ser que non pechen o chiringo...