O caso é que a vosa colaboración é moi importante. Este blog, como sabedes, xorde dun grupo de Facebook, é dicir, nun eido completamente colaborativo. Pensado, sobre todo, para tratar de ordear e gardar ben visibles as cacicadas e actos reprobables do PP en Galicia.

A lingua vehicular desde blog será o galego normativo. Pero non terxiversaremos a escrita do autor: sexa castelán, sexa reintegracionista. Cómo máximo, correxiremos erratas ou faltas de ortografía. Por suposto, reservámonos o dereito a publicalo ou non, se está cheo de insultos ou o contido non ten relación co blog. Vamos, non será un vale todo.
O título, os tags e unha breve presentación da historia quedará da nosa man. Evidentemente, citaremos a fonte, co nome ou alcume que nos digades.
Esta é unha loita a longo prazo, se cadra máis do que nos gustaría. Que se active a memoria.
3 comentarios:
Chavales noraboa, eu me apunto, que non decaia
En catro anos as redes socialis multiplicaran a sua importancia por moito, hai qu estar ahi o pe do canhon !!!!!!!!!!!!!
Eu arrimo o hombro e vou a ver xa as cousas que tenho que mandar
Ánimo, temos que pasar esta noite, coas esteas máis arriba e berrar máis forte ca nunca!!!
"non veño aquí a desempolvar vellos papeles*, nin a desfacer o feito... pero volveremos* o antigo proxecto da Cidade da Cultura, derogaremos o decreto do galego, aleminaremos a lei de costas para volver* a anterior... e esto para empezar*" Alberto Nuñez Feijoo (Alberte Nuñez Feixoo o día das aleccións)
Publicar un comentario
Aínda que existe a posibilide de comentar como Anónimo, polo ben do debate hase agradecer que poñades cando menos un Alcume (opción: Nombre/Url, non é precisa a url, nin que sexa un nome real).
Tratade de evitar insultos ou, no seu defecto, tratade de ser orixinais, ;). Non vaia ser que non pechen o chiringo...