
A factoría Citroën de Vigo tan só fabrica os modelos Berlingo, Partner e C4 Picasso. Cando todos agardabamos o momento de velo co seu look de alto executivo nunha Berlingo, finalmente acabou por anunciar que ía utilizar o modelo C6. O mesmiño que Sarkozy, seica vai cambiar a política exterior da Xunta. Pero, vaites, non o podo crer, se este automóbil se fabrica en Francia!
Despois saíron con aquilo de que ían tunealo na fábrica de Vigo e tal. Pero, vaites, tamén se descubriu que Citroën lle proporcionaba coche de balde a Feijóo pola súa cara bonita desde hai anos.
Xa empezamos cedo coas PPedradas. Queda moita noite, aínda que a de hoxe sexa de lúa chea. Atentos aos lobishomes, hai moito merodeador de direccións xerais en Compostela e están que traban...
4 comentarios:
mellor era que andivera en chimpin, que hai mais galego que iso?
Esta é a primeira de moitas.Teredes moito traballo. Noraboa pola inisiativa
e k....vamos a xente creelle todo
a lingua temola todos moi larga cando non sabemos do que se fala. E asi lle pasou o inepto este!haber como fai agora, vai duplicar so o sistema de ensino, ou tamén o seu cerebro?que esperemos que asi lle funcione mellor!
Publicar un comentario
Aínda que existe a posibilide de comentar como Anónimo, polo ben do debate hase agradecer que poñades cando menos un Alcume (opción: Nombre/Url, non é precisa a url, nin que sexa un nome real).
Tratade de evitar insultos ou, no seu defecto, tratade de ser orixinais, ;). Non vaia ser que non pechen o chiringo...