lunes, 6 de abril de 2009

PPedrada 2: Pilar Rojo e o himno nacional



Non puideron esperar. Foi constituír o Parlamento e xa tiveron que montala. O caso foi simpático. Pilar Rojo, casada cun arquitecto considerado dos autores intelectuais da Cidade da Cultura, pontevedresa, estreou o cargo de presidenta do Parlamento animando os deputados a erguérense para escoitar o himno nacional.

Nada tan sorprendente, a verdade.

Pero claro, esquecíasenos que Galicia non é unha nación nin unha nazón. De feito, se o preguntasen hoxe, seguro que nin tan sequera sería nacionalidade histórica. Para historia, a de España e as grandes xestas do cid e os Reis Católicos, como diría Fraga, quen, por certo, xa tivo a Pilar Rojo como conselleira.

Neste novo tempo de regionalismo ilustrado, a presidenta do poder lexislativo sacou un comunicado no que puntualizou que "a única denominación válida é himno de Galicia, tal e como recolle a Lei de Símbolos de Galicia".

Quedou polo menos demostrado que ten quen lle escriba comunicados.

Ollo, que entre os seus primeiros obxectivos asegurou que estaba un novo Estatuto. Medo me dá o que poida pretender esta nacionalista de subconsciente.

Polo momento, xa lle deron uns cantos varazos polo súa patinaxe artística sobre os símbolos do país (ou non! Poderase dicir país? Terei que consultar a Lei de Símbolos...).

2 comentarios:

xiràldez dijo...

Vaia aínda non empezaron e xa estan metendo a pata. Isto promete.

d.jones dijo...

a cuestión é: que podiamos agardar destas xentes?? non levan mais ca unhas horas e xa dan xogo!! O que nos agarda os vindeiros catro anos compañeiros!!
Saudos!!

Publicar un comentario

Aínda que existe a posibilide de comentar como Anónimo, polo ben do debate hase agradecer que poñades cando menos un Alcume (opción: Nombre/Url, non é precisa a url, nin que sexa un nome real).

Tratade de evitar insultos ou, no seu defecto, tratade de ser orixinais, ;). Non vaia ser que non pechen o chiringo...

Arquivo

 

Copyright 2008 All Rights Reserved | Blogger Template by Bloganol and Smart Blogging Tips