

Por outra parte, o novo conselleiro está expedientado por incumprir a Lei de Incompatibilidades. Boa forma de empezar. Por moito que Agustín Hernández queira defenderse "en aquel momento la ley lo permitía", os feitos están aí:
- En 2005 cando estaba no goberno en funcións da Xunta adxudicou obras por valor de 30 millóns de euros ao grupo "Puentes y Calzadas".
- En 2006, Agustín Hernández foi contratado por "Puentes y Calzadas".
Deixaron pasar 13 meses para gardar as apariencias pero o certo é que incumpriría a actual Lei de Incompatibilidade. Se cadra daquela era legal; outra cousa é que fose ético.
Agustín Hernández é a nova voz na defensa ecolóxica de Galicia, malos agoiros para o medio natural.
Imaxe: luisdavila.net
2 comentarios:
Já estám os raposos coidando das galinhas e meio ambiênte com urbanismo... assi qualquer pessoa é quem de recortar conselharias...
Outra lercha que xa estivera con Fraga non é a propia Pilar Rojo?
Engadirei algo, por moito que ZP "rompa" España, Feijóo xa logrou romper Pontevedra en 2 meses. Noraboa Feijóo. O seguinte será partir A Coruña en A Coruña, Ferrol, Betanzos, Santiago e Ribeira?
Publicar un comentario
Aínda que existe a posibilide de comentar como Anónimo, polo ben do debate hase agradecer que poñades cando menos un Alcume (opción: Nombre/Url, non é precisa a url, nin que sexa un nome real).
Tratade de evitar insultos ou, no seu defecto, tratade de ser orixinais, ;). Non vaia ser que non pechen o chiringo...